logo club

Grupo de Montaña Pena Tallada

"El verdadero montañero es el hombre que intenta nuevas ascensiones. No importa que tenga éxito o que fracase, encuentra su goce en la fantasía o en el juego de la lucha "

Albert Frederick Mummery

Orixenes do grupo de montaña

O Grupo de Montaña “Pena Tallada” naceu da idea dun conxunto de amigos e amigas de pensamentos afíns no que ao disfrute da natureza se refire.

Non e a prioridade do Grupo de Montaña “Pena Tallada” facer dos seus socios uns consumados montañeiros, senón mais ben agrupar amigas e amigos atraídos pola fermosura dos vales e os montes do Norte e que acaten o esforzo físico como o único medio para adentrarse na súa grandeza.

As actividades de sendeirismo programadas van dirixidas a excursionistas e montañeiros pouco iniciados, sendo a maioría dos percorridos fáciles excursións de baixa montaña.

Sen embargo, ante a demanda de certo número de socios e socias tamén realizamos actividades de alto nivel, algunhas delas, contempladas nos calendarios e dirixidas a todas aquelas persoas que se sintan atraídos pola alta montaña. A parte disto organizamos actividades invernais que non veñen incluídas en ditos calendarios pola complexidade de por unha data con tanta antelación para unha actividade deste tipo.

De todas formas si che interesa ponte en contacto con nós.

As actividades de montañismo tanto no verán como no inverno, supoñen grandes esforzos e pasos complicados, nas que algunhas veces precísase facer uso de cordas ou equipos de neve, son solo aptas para persoas que estean familiarizadas co manexo deste material e avezadas ao baleiro.

Reme de Arriba, 4 - 27700 RIBADEO (Lugo)
Tel 659 953 361 - Email: penatallada@gmail.com - ©