logo club

S. Esteban de Cuñaba - Tresviso - Urdón


SITUACIÓN: Peñamellera Baja (Asturias) Tresviso (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: San Esteban de Cuñaba

ACCESO:

A San Esteban chégase dende a estrada N – 621 que vai de Unquera a Potes, no casarío de Rumenes collemos un desvío a dereita que nos leva a San Esteban situado a menos de tres quilómetros.

HORARIO: 5/9 horas DESNIVEL: 700 m. DISTANCIA: ~ km

DIFICULTADE: Media. Alta baixando polo Canal de Reñinuevo TIPO DE ROTA: Travesía MAPAS: I.G.N. – 56 – II

SINOPSE:

O chapapote chegou a Tresviso en 1.991. Ata entón, á remota aldea colgada sobre o desfiladeiro de La Hermida subíase por dous camiños que competían en dificultade. O máis antigo, que chegaba ata Tresviso dende San Esteban de Cuñaba atravesando os recunchos máis agrestes da serra de Cocón, quedou abandonado cando a empresa mineira de La Providencia construíu o camiño pola canle de Urdón. Os seus muros caeron, os pasos armados de madeira desapareceron e os sedos volvéronse impracticables. Pero non hai moito, o Parque Nacional esbrozou o desaparecido sendeiro, reconstruíu as armaduras; asegurando con cables os pasos máis perigosos e sinalou con pintura o camiño. Finalmente púxoselle o nome do tramo máis aéreo, a Pasá del Picayo.
Dende Tresviso, por un trazo inverosímil, baixamos a Urdón polo camiño de La Peña; pero máis audaz é seguir a Canal de Reñinuevo, usando, o sendeiro de servidume da canle que leva a auga ata a central eléctrica de Urdón.

DESCRICIÓN DA ROTA:

En San Esteban de Cuñaba, collemos un camiño de formigón que sae do lugar cara ao leste entre castiñeiros e algún acivro ata que remata o formigón. Axiña abandonamos a pista para tomar un camiño que sae a esquerda para dirixirnos a área recreativa. Dende este lugar hai que subir cara ao rego de Robicores, o cal cruzamos e seguimos pola empinada ladeira oriental ata unha canle, por cuxo leito seco subimos. Pasamos unha serie de canles e cimbros ata que abandonamos o bosque subindo por unha empinada canle ata unha zoa rochosa algo húmida na que atoparemos o primeiro dos cables instalados polo Parque Nacional. Aínda atoparemos outros dous tramos antes de chegar a unha pendente herbosa dende a que vemos Rumenes e o río Deva. Ascendemos por esta pendente ata un pequeno cimbro que da paso a unha canle que nos conduce a aérea Pasá del Picayo.
Dende aquí, pasamos a vertente meridional da serra de Cocón. A ladeira baixa vertixinosamente cara ao Deva provocando cando menos receo, pero gracias a uns cables podemos pasar sen medo. Despois dalgunhas subidas e baixadas por un entorno salvaxe, comezamos unha travesía ascendente cara ao oeste, con Tresviso xa a vista. Chegamos así ao Canto las Torcas, o punto máis elevado da excursión e comezaremos a baixada a Tresviso onde tomaremos un merecido descanso e unhas porcións de queixo picón con sidra.
Agora toca baixar ata Urdón, para o cal temos dúas opcións: polo Camino de La Peña, ou pola Canal de Reñinuevo. Esta última merece mención a parte.

Variante opcional:

CAMINO DE LA PEÑA: Este camiño sae de Tresviso en dirección leste, polo cal baixaban en cabalos o mineral das minas de Andara, para ao pouco chegar a braña de Prías. De seguida damos vista a garganta do Urdón e de fronte, na ladeira oposta, podemos distinguir a canle que sorte de auga a central de Urdón. Chegamos sen problemas ao punto máis impresionante do percorrido, o Balcón de Pilatos, lugar idóneo para facer unha parada e asomarse sobre o abismo do Urdón. Seguindo a camiñada pasamos pola Posá de Ciabedo, chamado así polo descanso que alí se toma cando se ven en sentido contrario. O camiño bastante deteriorado, vai facendo múltiples zigzags pola ladeira descendendo vertixinosamente cara ao río. Pasamos unha ponte metálica e outra de orixe romano, moi próximos entre si, e sen perda algunha chegamos a central de Urdón, na mesma beira da estrada que sobe a Potes.

Reme de Arriba, 4 - 27700 RIBADEO (Lugo)
Tel 659 953 361 - Email: penatallada@gmail.com - ©